09/08/2022

Endesa responsabiliza a Xunta da situación da praia das Pontes

Unha vez publicado o sexto capítulo, que atinxe á praia no lago artificial / balsa mineira das Pontes, Endesa púxose en contacto con nós para responder as cuestións que lle formulamos.

David Cheda, da Oficina de prensa de Endesa Noroeste, indica que “descoñecemos as análises ás que fai referencia, porque o lago foi transferido á Xunta da Galiza, que se encarga da súa xestión”.

Tamén sinala que “a compañía está moi satisfeita da restauración do espazo mineiro das Pontes, que foi premiada por diversos organismos españois e do resto de Europa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Scroll to top