Episodio 1: O Estado español discrimina as persoas con discapacidade e multiplica os beneficios de Citroën ou a ONCE

  • 23/06/2022
  • 40M
Download

Grazas á loita dos traballadores de Ilunión -unha empresa da ONCE- aflorou a discriminación legal contra as persoas con discapacidade no Estado español, avalada na última reforma laboral.

Esa discriminación salarial e no resto de condicións laborais ten beneficiarios: ademais de empresas como Ilunión, a través dos centros especiais de emprego, tamén gañan as que externalizan a produción, como Citroën, que se aproveitan das condicións axustadas ofertadas por empresas multiservizos a costa dos dereitos das traballadoras e traballadores.

Ademais de sacrificar unhas condicións dignas, a falta de adaptación dos postos de traballo na factoría provoca novas lesións ou agravan as que xa tiñan as persoas con discapacidade contratadas.

Buscamos os motivos que levaron a legalizar esta discriminación contra este colectivo e falamos co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga, para descubrir que hai detrás desta situación.

Apartados

  • 2:30 Datos chave da ONCE
  • 11:25 Falan os traballadores
  • 24:41 Discriminación legalizada pola reforma laboral
  • 31:32 Entrevista con Anxo Queiruga (Cogami)
  • 44:05 Empregados en loita

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Scroll to top