As cifras sobre os trastornos de saúde mental na Galiza describen un dos principais problemas de saúde pública neste intre. Unha de cada catro persoas no país padéceos, e se imos á peor das consecuencias, o suicidio, vémolo en taxas moito máis alta que nos territorios da contorna.
Neste capítulo, tamén inquirimos sobre a resposta da Administración a esta situación límite, e puidemos confirmar como está a facer aínda máis difícil a situación deste colectivo pola falta de recursos na sanidade pública.
Precisamente este é un dos factores determinantes para alcanzar as estatísticas actuais sobre o consumo destas substancias.
Falamos coa médica psiquiatra do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Iria Veiga, e co psicólogo clínico e membro da xunta reitora do Movemento galego de saúde mental, José Berdullas, para descubrir cal é o estado real desta problemática no país.
Podcast: Play in new window | Download