Aviso Legal

Estás nun espazo comprometido cos dereitos das persoas usuarias, polo que terás máxima transparencia e rigor sobre todo que necesitas saber sobre esta web.

NADADEOPINION.COM cumpre rigorosamente coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Cumpre tamén co Regulamento da UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).

Os servizos e/ou accións de donativo están dispoñibles só para as persoas xurídicas e as persoas que fixeran 16 anos.

Identificador do responsable da web

• Denominación social: NADA DE OPINIÓN
• CIF: En tramitación
• Correo electrónico: equipo@nadadeopinion.com
• Domicilio social: Rúa Ramón Cabanillas 101 4A, Moaña, O Morrazo
• A súa actividade social é: Asociación sen ánimo de lucro

Podes consultar a Política de Privacidade.

Compromisos e obrigas das persoas usuarias

Quedan informadas, e aceptan, que o acceso á presente web non supón, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial con NADA DE OPINIÓN. Desta forma, comprométese a utilizar o sitio web, os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente.

Queda prohibido o uso da web, con fins ilícitos ou lesivos, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web. Respecto dos contidos desta web, prohíbese:

• A súa reprodución, distribución ou modificación, total ou parcial, a menos que se conte coa autorización do lexítimo titular.
• Calquera vulneración dos dereitos do titular da web.
• A súa utilización para fins comerciais ou publicitarios.

Na utilización da web NADADEOPINION.COM a persoa usuaria comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e os dereitos de NADA DE OPINIÓN ou de terceiros, ou que puidese danar, inutilizar ou sobrecargar o portal NADADEOPINION.COM, ou que impedise, de calquera forma, a normal utilización da web.

Con todo, deben ser conscientes de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos na internet non son enteiramente fiábeis e que, polo tanto, NADADEOPINION.COM non pode garantir a inexistencia de malware ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos nos mesmos, malia que poña tódolos medios necesarios e as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos daniños.

Anuncios patrocinados e publicidade

Esta web ofrece aos usuarios contidos patrocinados e/ou anuncios. Os anuncios permanecerán publicados no portal até que sexan eliminados ou suspendidos por parte dos patrocinadores de NADA DE OPINIÓN, que loxicamente non será responsable de que, unha vez dados de baixa nas súas bases de datos, os anuncios continúen sendo indexados en buscadores alleos a este portal.

Calquera relación contractual ou extracontractual que a persoa usuaria formalice coas empresas anunciantes ou terceiras persoas contactadas a través deste portal enténdense realizados única e exclusivamente entre a persoa usuaria e o anunciante e/ou terceira persoa.

A persoa usuaria sabe e acepta que NADADEOPINION.COM unicamente actúa como medio publicitario e que, polo tanto, non ten ningún tipo de responsabilidade sobre os danos ou prexuízos de calquera natureza ocasionados con motivo das súas negociacións, conversacións e/ou relacións contractuais ou extracontractuais coas empresas anunciantes ou terceiras persoas físicas ou xurídicas contactadas a través deste portal.

Medidas de seguridade

Os datos persoais comunicados pola persoa usuaria para NADA DE OPINIÓN poden ser almacenados en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a NADA DE OPINIÓN, asumindo esta todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas de acordo co establecido na normativa vixente en protección de datos.

A comunicación entre as persoas usuarias e NADA DE OPINIÓN.COM faise por medio dunha canle segura, e os datos transmitidos son cifrados grazas ao protocolo https, polo tanto, fican dispostas as mellores condicións de seguridade para que a confidencialidade das persoas usuarias estea garantida.

Plataforma de resolución de conflitos

Poñemos tamén ao dispor dos usuarios a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea e que se atopa dispoñible na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/consumers/odr/

Exclusión de garantías e responsabilidade

NADA DE OPINIÓN non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen traer causa de:
• A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web, ou dos seus servizos e contidos.
• A existencia de malware, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
• O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal.
• A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos ao dispor dos usuarios no sitio web.

NADA DE OPINIÓN non se fai responsable baixo ningún concepto dos danos que puidesen emanar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.

Política de doazóns

NADA DE OPINIÓN poderá solicitar información persoal das persoas doantes a través do seu sitio web para efectos administrativos. Por tanto, a utilización do noso sitio web para enviar un donativo supón que vostede leu e aceptou a nosa política de doazóns e privacidade. A través do noso portal pódense efectuar doazóns puntuais a través de Stripe. Non se aceptan cancelacións nin devolucións de doazóns puntuais.

A nosa plataforma virtual permítenos aceptar doazóns de todo o mundo. Lembrámoslle que todas as doazóns feitas a NADA DE OPINIÓN por un doante residente fiscal no Estado español gozan dunha desgravación fiscal no imposto da renda das persoas físicas (se a doante é persoa física) ou no imposto sobre sociedades (se a doante é persoa xurídica). No caso de doazóns doutros Estados, o tratamento fiscal da doazón queda relegado ás leis de cada país.

Pode visitar o noso aviso legal para a información relativa ao tratamento dos datos fornecidos polos doantes. Dita información será utilizada unicamente por NADA DE OPINIÓN para contabilidade. A mesma non poderá ser utilizada para outros fins.

Para calquera pregunta adicional sobre as nosas Políticas de Doazóns e Privacidade, por favor contactar a equipo@nadadeopinion.com.

Lei aplicable e xurisdición

Con carácter xeral as relacións entre NADA DE OPINIÓN e as persoas usuarias dos seus servizos telemáticos presentes nesta web, atópanse sometidas á lexislación e xurisdición galegas e aos tribunais galegos.

No caso de que calquera persoa usuaria tivese algunha dúbida acerca das condicións deste Aviso Legal ou calquera comentario sobre o portal NADADEOPINION.COM, por favor diríxase a equipo@nadadeopinion.com.

O Aviso Legal foi actualizado por última vez o 1/6/2022.

Scroll to top
Usamos cookies para personalizar contidos e publicidade, así como analizar os datos referentes á web para mellorar a súa usabilidade. View more
Cookies settings
Acepto
Rexeito
Política de privacidade e cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
Quen somos? A dirección da nosa web é: https://www.nadadeopinion.com Que datos persoais recollemos? Comentarios Cando os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam. Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñíbel eiquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visíbel para o público no contexto do teu comentario. Medios Se sobes imaxes á web, deberías evitar subir imaxes con datos de localización incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web. Contido incrustado doutros sitios web Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras webs compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web. Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da túa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web. Canto tempo conservamos os teus datos? Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente, en lugar de mantelos nunha cola de moderación. Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información. Que dereitos tes sobre os teus datos? Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade. Onde enviamos os teus datos Os comentarios das persoas visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam. Información de contacto equipo@nadadeopinion.com
Save settings
Cookies settings