Información. Diso se trata.
É paradoxal como a inmensa cantidade de canles e vías de comunicación da era de Internet non semella contribuír de maneira decidida á creación dun ecosistema de debate onde todos os argumentos teñan cabida, a carencia -algúns afortunadamente hai- de espazos didácticos onde poder formarnos as nosas propias ideas e desenvolver o noso espírito crítico é a motivación principal que nos leva a impulsar este podcast: Nada de Opinión.
Este programa non procura desincentivar a que quen considere emita en calquera circunstancia a súa opinión, todo o contrario, entre outras cousas buscamos enriquecer esas opinións das mans das persoas expertas que nos ofrecen argumentos e datos nos que -isto é o importante- poder sustentar as nosas decisións individuais e colectivas, pois cremos que as decisións formadas e conscientes son, con moita diferenza, as mellores decisións.
Este programa é posíbel pola túa colaboración. Se o precisas, non dubides en porte en contacto

André Mauricio
Coordinador
Crente no xornalismo como servizo público e na información como un dos motores das transformacións sociais. A nivel teolóxico predico cun: Do que che conten nada e do que vexas a metade, aprendido e perfeccionado no Morrazo, unha filosofía que trato de impregnar en Nada de opinión a través de argumentos e datos contrastados.
Pablo Ínsua
Locutor
Son natural de Corcubión, na comarca da Costa da Morte, onde me iniceie no mundo da radio con 11 anos. Malia que a nivel profesional optei polas Relación Laborais nunca perdín a radio de vista. Amante da miña terra e apaixoado da información.


Tomé Laxe
Locutor
Actualmente, locutor e inquisidor da realidade mais punzante. Adestrado no cuestionamento do status quo desde a máis tenra infancia na aldea, pasando por unha licenciatura en Humanidades no período 2005-2010 (o primeiro licenciado da familia) que o levou a tomar posición ante as inxustizas do sistema. Como dixera o presidente chileno Salvador Allede no ano 1972, pronto comprendín que “se necesita un profesional con conciencia social”.